ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 24 de octubre de 2017

CHEGOU UN BAÚL!


Con motivo do día das Bibliotecas chegounos á clase un baúl de parte da mascota da nosa biblio. Xa sabedes como se chama non si?. Pois Güino, mandou que dous alumnos de quinto de primaria achegasen á nosa aula un baúl cheo de libros. Aquí os tedes explicándonos como utilizar o contido deste baúl pois no pode quedar "parado", non. Unha vez lidos os libros deberemos ser responsables de pasarllos no baúl a aula de 4 anos A e eles pasaranllo a de 3 anos A. De seguro que durante este curso viviremos aventuras a montóns con todos este libros. Moitas grazas Güino, aproveitarémolos moi ben!.




1 comentario: