ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




miércoles, 24 de marzo de 2010

A VISITA DUN MÉDICO A ÉSCOLA

Logo da sesión de teatro, como xa adiantamos, tivemos outra sorpresa: a visita de pai de Celia da clase dos Gatiños. O pai de Celia é médico así que non quixemos perder a oportunidade de coñecer algo máis deste oficio tan presente nas nosas vidas e, sobre todo, dar resposta algunhas das dúbidas que durante este 2º trimestre que estudamos o corpo nos foron xurdindo.
Así xurdiron preguntas do máis ocorrente como por exemplo: como van vestidos os médicos?, por que uns nenos son altos e outros baixos?, por que estornudamos e tusimos?, por que cos golpes ás veces sangramos e outras veces sae un chichón?, por que temos sede?... entre outras moitas.
Ademais trouxo aparellos que os médicos soen empregar na consulta como fonendoscopios, tensiómetros… e un CD no que escoitamos o noso corazón, o son dos bronquios cando temos tose…
Estabamos todos encantados e só temos palabras de agradecemento para Jose (que así se chama o papá de Celia).



Moitas grazas das Gaivotas, dos Gatiños e das súas profes!!!





1 comentario:

  1. MERECEDES UN PREMIO POR TER UN BLOG CHULI. PASADE A RECOLLELO EN ACLASEDEANA.BLOGSPOT.COM.

    UN BICAZO DAS FOQUIÑAS!

    ResponderEliminar